Habitación
do asombro é o último libro publicado polo poeta Miguel Anxo
Fernán-Vello, amigo fraternal da infancia. O libro acadou a XXVIII edición do
premio Cidade de Ourense de Poesía e acaba de ser editado hai uns poucos meses
pola editorial Espiral Maior, editorial da que o propio escritor é director.
Neste libro, Miguel
Anxo, bardo entusiasta, sensual, melancólico, hiperactivo, comprometido,
xeneroso, apaixoado, soñador e “creador de palabras” (un auténtico “torrente
cultural”) exerce de “poeta-notario” da realidade social na que vivimos con
unha estética formal moi coidada e unha fondura vital fora de toda dúbida.
Insuperables son os poemas “Cemiterio”, “Fuga da dor” ou (sobre todo) “Desprazados”,
un grito de desesperación existencial e emotivo frente á realidade actual na
que vivimos.
Excelente poesía, unha vez
máis, a de Fernán-Vello. Sobre todo hoxe, nunha época de analfabetismo
xeralizado. Parabéns, meu amigo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Gracias por participar en este blog.