Comunicado do profesorado
de Filosofía de Lugo
Co motivo da celebración o 28 de
Xaneiro do Patrón do Ensino, San Tomé de Aquino, filósofo medieval, e a
iniciativa do grupo DOXA, os profesores de Filosofía de Lugo van converter as
súas aulas en lugares para o debate e a reflexión en defensa da filosofía, ante
o feito de que o anteproxecto da nova Lei de Educación (LOMCE) prevé a práctica
desaparición das materias de Historia
da Filosofía, Ética e Educación para
a Cidadanía.
Os profesores de Filosofía de Lugo
queren convidar a sumarse a esta iniciativa ao profesorado en xeral, e facela
chegar á comunidade educativa e á propia cidadanía, co obxecto de valorar e
defender o papel da Filosofía na formación integral dos estudantes de ensino
secundario, unha formación que se ve ameazada pola supresión da Filosofía no
anteproxecto da LOMCE.
Esta acción enmárcase nunha serie
de actos reivindicativos que está a desenvolver a Red Española de Filosofía (REF), que terá continuación en próximas
datas de febreiro e marzo.
Grupo DOXA de Filosofía - Lugo
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Gracias por participar en este blog.